Baiona está situada no tramo final e na marxe esquerda da ría de Vigo. Atendendo ao accidente xeográfico que a protexe, segundo a clasificación de Camaño Suárez, é un pobo-itsmo, sendo a península de Monte de Boi situada ao sur, o elemento que a protexe dos ventos do suroeste e do oeste. Baiona está emprazada nunha praia na que con posterioridade se construíu un pequeno porto pesqueiro, e cun núcleo consolidado sobre unha superficie sen notables desniveis en base a unha primeira liña de edificacións fronte ao mar, ás veces con acceso desde a area, e un conxunto de rúas normais a ela que se comunican por rúas estreitas nunca continuadas,co fin de evitar os efectos do vento.
A poboación aumenta no verán polo turismo. Tivo unha considerable flota de tipo artesanal pero as máis numerosas son de tipo deportivo.
A poboación aumenta no verán polo turismo. Tivo unha considerable flota de tipo artesanal pero as máis numerosas son de tipo deportivo.
3 comentarios:
Que gran traballo! Que grandes alumnas! Que gran instituto! Bueno a parte disto, eu so quero engadir que todo Baiona tiña que ser asi; un pobo pesqueiro coa súa propia arquitectura, a que nos pode dicir toda a historia deste lugar. Os que habitaron este pobo, os que o invadiron, os que trouxeron as riquezas... Todos eles forman parte da nosa historia. Eles son os que,realmente, formaron Baiona. Nos tamén formaremos parte desta historia e todo o que cambiemos terá a súa consecuencia ou os seus parabéns.
PARABÉNS POLO TRABALLO!!!
Parabens, un traballo moi bo.
A min gustaríame tamén felicitar o voso traballo, e que inda que vos pareza unha tontería, é moi importante, xamáis mirei un verdadeiro traballo sobre baiona tan ben explicado. Por que non o propoñedes para o concello?? é dicir, agora que xa actualizaron a web, este blog tería que aparecer no apartado de cultura ou no de turismo.
Anímovos a que o fagades, vale a pena.
Bikos e parabéns.
Publicar un comentario