miércoles, 2 de abril de 2008

A outra arquitectura

Introdución:
Conxunto de edificacións realizadas por arquitectos. Ao contrario que na arquitectura popular non predominará o uso de materiais da zona, senón que se introducirán novos materiais.

*Ex –colexiata de santa María de Baiona




Instituíuse como colexiata no 1482 por orde do bispo Diego de Muros. A igrexa existía antes xa que Afonso VII doouna ao mosteiro de Santa María de Oia o 26 de xuño de 1137. Pertence á arquitectura románica de transición con influencias cistercienses . O
Císter é unha orde relixiosa
fundada por Roberto de Molesmes en 1098. Debe o seu nome á
abadía francesa de
Cîteaux na que se orixinou. Pretende maior austeridade e ten a súa orixe nos monxes brancos, chamouselles así pola cor do seu hábito.
Planta basilical de cruz latina, con cruceiro pouco destacado en planta.
Tres naves, a central maior que as laterais, e tres ábsidas.
Naves separadas por arcos apuntados. Toda a igrexa ten influencia do Císter.
Ábsidas con bóvedas de canón apuntado, a cuberta da nave principal é de madeira
Na fachada principal sitúase a porta con arquivoltas(1) apoiadas en columnas con capiteis románicos- decorados con motivos ornamentais, xeométricos e vexetais-, tímpano liso(2) e tamén hai un rosetón,que contribúe á iluminación da nave principal.
Púlpito gótico de pedra calada e un retablo barroco(3), obra de Antón Villar.
Exterior: os muros artéllanse con rexos contrafortes prismáticos que soben ata os beirados nos que se colocan canzorros sinxelos(4), sobre os que apoian as cubertas.


*Arquitectura pacega.



Desígnase así a casa que pertence á nobreza e tamén a casas rústicas e campesiñas. Ten a súa orixe nos castelos e fortalezas medievais. A súa procedencia arquitectónica é o resultado da confluencia de varios elementos de formación mediatizada pola xeografía, economía, funcionalidade, etc. Desenvolveuse entre os séculos XVII-XVIII, en moitos dos casos, os seus construtores quedaron no anonimato.
Os materiais utilizados eran xeralmente locais, destacando deles a pedra granítica. Hai varios modelos de planta, entre eles, unha soa “crujía” de edificación, con dúas alas de edificación unidas en ángulo recto e formado por tres corpos dispostos en forma de uve. A fachada principal oriéntase cara ao norte, situándose nela os blasóns familiares(1), balcóns e elementos decorativos.
A escaleira, situada na fachada principal, leva á planta superior.
As ventás, de forma rectangular, poden estar enmarcadas por molduras ou balcóns de diversas dimensións, suxeitados con canzorros.
Conversadoiros ou parladoiros que son lugares que sobresaen das ventás e que se aproveitaban para sentar.
As cubertas dependen da climatoloxía, normalmente son a catro augas para facilitar a caída da auga.
O pazo tamén pode ter unha cheminea de gran tamaño con valor decorativo ou unha torre que está vinculada á torre militar.
Como elementos decorativos, pode presentar: placas recortadas, pináculos ou blasóns.
Exteriormente, o pazo pode conter unha capela, un patio aberto ante a fachada principal e unha muralla con portalón, onde se sitúa o gran blasón familiar.

*Fortaleza de Monte Real.
As primeiras novas da fortaleza datan do 966. Nunha inclusión normanda polas costas galegas foi destruída a torre do Príncipe. No 1337, o rei Afonso XI de Castela, en guerra co rei de Portugal, reconstruíu a torre e fortificou a muralla. O monte deste xeito foi defendido contra posibles ataques terrestres e mariños.
No 1497, mediante unha carta, os reis católicos ordenan aos veciños que habitan fóra da fortaleza de Monte Boi que se establezan no seu interior para defendela. A partir desta ordenanza, todos os edificios oficiais instaláronse dentro da fortaleza.
Construcións e torres que había na fortaleza:
-Cisterna: Utilizada para recoller a auga que abastecía á poboación de Monte Real . Construída subterraneamente en cantería labrada .
-Pozo: Foi reconstruído en 1580 e descendíase a el mediante unha escaleira de pedra.
-Porta principal: É do século XVII . Está presidida por un gran escudo dos Austrias . Está defendida por unha barbacá pola cal descendía unha porta metálica para pechar a fortaleza.


-Porta do Sol: Porta situada, unha vez traspasada a entrada principal, a man esquerda e aos pés da torre do reloxo. Construída por Pedro Bermúdez, gobernador no 1586.


-Torre do Príncipe: Construída no 966; ocupaba unha plataforma utilizada para facer fogueiras que guiasen os navíos, máis tarde construíuse a torre para mellorar a función de faro. Presentaba tres escudos: un dos Austrias , outro da vila de Baiona e o terceiro de Soutomaior. O nome da torre débese a que nela estivo preso o príncipe portugués D. Afonso Enriques.

-Torre do reloxo: É a mais importante da fortaleza, nela estaba a campá do reloxo. Presentaba dous escudos , un deles en pelico de ouro.


-Torre tenaza: Situado ao leste, tiña o labor de defensa do porto de Baiona.


-Torre real: Situada ao leste tamén, de construción circular e tiña finalidade de defensa.

A finais dos 60, o turismo en Baiona era mínimo e tentouse desenvolver coa construción do Parador Conde de Gondomar por parte do ministerio de Información e Turismo rexentado por Fraga Iribarne. O interesante pazo que José Elduayen construíu, cara ao 1880 aproveitando o antigo convento e a igrexa dos franciscanos, foi derribado sen consideración ningunha para substituílo polo actual parador, cometéndose un atentado ao patrimonio histórico – arquitectónico de Baiona polo ministerio .
O novo parador ocupou o espazo do antigo Pazo pétreo, e utilizouse na súas escaleiras interiores unha das cúpulas da igrexa, o resto das pedras de estilo gótico tardío e renacentista permanecen rotas e esparexidas sen orde ningunha a carón do campo de tenis e das vellas murallas.
O lado que da ao leste, derrubouse hai uns anos ao acceder aos seus cementos unha parte de lenzo de muralla ,sen que ata o momento se teñan tomado medidas para a súa reconstrución. Para dar doado acceso ao tráfico rodado, ao parador modificáronselle as murallas e portas.
O seu interese histórico – arquitectónico é ben patente xa que as súas construcións van dende a Idade Media ata o s.XVIII.A este hai que engadirlle o valor paisaxístico.
A casa de Pedro Madruga , única construción non militar do que foi a antiga vila de Monte Real, encóntrase en estado de abandono e en espera da súa reutilización.
Construíuse un longuísimo espigón a continuación da torre da Tenaza, como dique para abeiro das embarcacións, que contrasta na súa agresividade coa azulada superficie mariña, a demais de restar visibilidade á baía. Para que fose máis notoria a súa presenza, pintouse de branco.
Quíxose edificar nunha parcela de 15 mil metros cadrados dentro das murallas, que é de propiedade privada. Este proxecto foi apoiado polo concello, pero aqo final non foi adiante.


*Sta. Liberata.




De estrutura sinxela, unha nave, bóveda de canón e cúpula sobre pendentes, fíxose con modelos barrocos en 1701. O retablo é tamén de H.Villar (1738) e está presidido pola santa martirizada ,motivo que tamén encabeza a fachada , e coroado por un Santiago “matamouros”.
Foi construída en honra a virxe mártir, a súas irmás e a súa ama de cría.
A lenda conta que ao rebulo de Galiza e Portugal no ano 119, Lucio Catelo Severo estaba esposado con Calsia, esta deu a luz a nove fillas nun mesmo parto. Para ocultar a infidelidade, esta ordenou a Sila que as botase dende a ponte de Ramallosa. A ama de cría incapaz de facelo, repartiunas entre varias familias.




*Hospital Sancti Spiritus



Este hospital existe nesta vila desde fai moitos anos. Primeiramente administrado por “Os Pais de San Xoán de Deus” pasou logo a selo por diferentes bispos racioneiros e particulares. No ano 1514, o papa león X expediu unha bula para poder construír un altar no recinto. O 2 de setembro de 1799, un bispo ordenou o administrador o envío da cruz do 1593 feita en prata de lei e ostentada por un lado a imaxe de cristo crucificada e polo outro a do espírito santo en figura de pomba, o pazo de Tui.

No hay comentarios: