lunes, 31 de marzo de 2008

~Casa do pincho



Recibe este nome por un gancho que se colocaba no muro piñón para pendurar as redes e así amañalas. O seu elemento característico é que un dos muros piñóns é a fachada principal da edificación.


Casa do remo: Este tipo de casas ten máis altura, o que se aproveita para engadirlle un piso superior que se usa ás veces para durmir. A anchura da casa non é superior a un remo de traíña.É unha evolución da casa do pincho.
En Baiona non hai mostras de este tipo de casas.

jueves, 27 de marzo de 2008

Arquitectura popular mariñeira


Conxunto de edificacións intimamente vinculadas a unhas xentes que foron capaces de levantalas sen máis experiencia que a tradición, nin máis axuda que a da propia comunidade. Parecen nacer da prolongación da paisaxe e do carácter das xentes que as habitan.
Algunhas das características son: o escaso coñecemento da técnica de construción, a
utilización de materiais locais ou a orientación da casa cara ao sol para aproveitar a luz.


As casas son construídas en lugares protexidos do vento, do mar e de xeito que ao mesmo tempo puidesen controlar os seus barcos.
As casas son de superficie moi reducida e non presentan dependencias para o gando , senón que aparecen os almacéns onde se gardan os úteis de pesca.



Tipos:



*Casa térrea



*Casa do pincho



*Casa do remo



*Casa con patín



*Casa de dous ou máis andares. Subtipos:
- Casa con corredor
- Casa con galería
- Casa con fachada lisa

- Casa con soportal



martes, 25 de marzo de 2008

~~Baiona...


Baiona está situada no tramo final e na marxe esquerda da ría de Vigo. Atendendo ao accidente xeográfico que a protexe, segundo a clasificación de Camaño Suárez, é un pobo-itsmo, sendo a península de Monte de Boi situada ao sur, o elemento que a protexe dos ventos do suroeste e do oeste. Baiona está emprazada nunha praia na que con posterioridade se construíu un pequeno porto pesqueiro, e cun núcleo consolidado sobre unha superficie sen notables desniveis en base a unha primeira liña de edificacións fronte ao mar, ás veces con acceso desde a area, e un conxunto de rúas normais a ela que se comunican por rúas estreitas nunca continuadas,co fin de evitar os efectos do vento.
A poboación aumenta no verán polo turismo. Tivo unha considerable flota de tipo artesanal pero as máis numerosas son de tipo deportivo.