martes, 1 de abril de 2008

~Casa de dous ou máis andares

Novo modelo de casa con acceso interior ao andar superior. É a máis xeneralizada.


Subtipos:

*Fachada lisa




*Soportal: casa que ten un espazo cuberto na fachada principal, pode ser estreito ou ancho dependendo da función que realice, se para almacén ou espazo público (zonas de paso, de tendas etc.). Hai dous tipos: con arcos ou con columnas. Sitúase en rúas seguidas ou en prazas.



*Casa con corredor: O corredor posibilita unha relación entre o exterior e o interior. Serve para regular o clima da casa , se o corredor mira cara ao norte serve para ter un ambiente máis fresco, se pola contra mira cara ao sur haberá un ambiente máis cálido. Hai diferentes tipos: de madeira, de mampostería con balconada corrida ou con canzorros de pedra.

*Casa con galería: Deriva da casa con soportal e corredor. A galería é un elemento construtivo de incorporación posterior, sitúase na fachada principal e dota as vivendas dunha mellora do illamento térmico e un novo espazo interno protexido da chuvia e do vento.

No hay comentarios: